- Este evento pasou.
“O sangue das promesas: Incendios”, estrea de Sarabela

Unha muller, Nawal Marwan, acaba de morrer e hoxe abre as portas ao seu silencio e aos seus segredos. Deixa ao seus xemelgos un traxe de la verde, un caderno vermello e dous sobres que son coma dúas caixas de Pandora das que xorden males e marabillas, e cuxo contido lles vai arrastrar a unha fabulosa odisea cara un continente afastado, cara un pasado descoñecido, cara un segundo nacemento.
“A sangue das promesas: Incendios” é unha das grandes obras teatrais deste século que, nesta co-produción de Sarabela Teatro e Escola da Note, tece unha rede de significados que transcende o contexto xeográfico inicial para plantexar unha mensaxe de esperanza sustentada nunha arela por recuperar a dignidade, por darlle as costas á violencia e o odio na procura da verdade.
