Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro de gravado con Xosé Poldras na Dodo Dadá

23 Novembro, 2024 / 18:00 - 20:00
€20

Este traballo centrarase na técnica do linóleo a dúas tintas, ofrecendo aos participantes a posibilidade de afondar no uso de dúas matrices para combinar diferentes formas e cores nunha mesma imaxe. Durante o obradoiro, os asistentes aprenderán técnicas avanzadas de impresión de linóleo e explorarán a creación de obras máis complexas e visualmente atractivas. Os participantes poderán optar por desenvolver a súa propia imaxe orixinal ou completar unha proposta que lle proporcionará o artista.Este obradoiro é unha excelente ocasión para aqueles interesados en mellorar as súas habilidades artísticas e explorar a súa creatividade baixo a experimentada guía dun mestre grabador.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar con antelación para asegurarse asistencia.

Comparte:

Detalles

  • Data: 23 Novembro, 2024
  • Hora:
    18:00 - 20:00
  • Custe: €20
  • Categoría do Evento:

Recinto