- Este evento pasou.
Obradoiro para homes sobre igualdade
25 Abril / 18:30 - 21:00

Todos igual: todos? Igual?
Obradoiro con perspectiva feminista para homes na procura de preguntas
Trátase dun obradoiro-laboratorio de reflexión/acción a través de ferramentas artísticas (principalmente do teatro social) e dividido en 4 sesións de 2h cada unha para confrontar o machismo:
1a sesión: Verse, para traballar nos estereotipos de xénero socialmente aceptados hoxe en día
2a sesión: Recoñecerse, para identificar a nosa relación como homes co poder e coa palabra máxica “privilexio”
3a sesión: Aceptarse, para descubrir o potencial da vulnerabilidade para ser persoas completas.
4a sesión Reprogramar, para enfrontar a desigualdade e probar outros zapatos para percorrer o camiño
