- Este evento pasou.
“Os derradeiros románticos”, mércores

Los últimos románticos – Duas sesións, ás 18:00 e ás 21:00
Irune, unha muller insegura, solitaria e con tendencias hipocondríacas, traballa nunha fábrica de papel situada nos arredores dunha cidade industrial. A súa vida limítase a un pequeno círculo de coñecidos: os seus compañeiros de traballo, un veciño co que comparte algo parecido a unha amizade e un operario de Renfe co que consulta horarios de trens que nunca leva. O seu fráxil equilibrio explotará cando se lle detecte un bulto no peito, que coincidirá cun conflito laboral no que se ve implicada.
“Película nostálxica, é bela, pero tamén é unha reflexión sobre a incomunicación, un dos grandes males dunha sociedade que, parece dicir o director, quizais sexa mellor combater bailando sós, no medio dunha chea de xente” (Cristina Aparicio, Caimán, cuadernos de cine)
