Cargando eventos

« Todos os eventos

“Our Fest 2026” en Expourense

19 Setembro

O sábado 19 de setembro, OUR FEST celebra a súa quinta edición en Expourense con The Jesus and Mary Chain, The Mystery Lights, Fat Dog, The Dream Syndicate, Triángulo de Amor Bizarro e Germán Salto. Seis propostas que conectan máis de catro décadas de rock alternativo e percorren distintas formas de entender a guitarra, a canción e o directo.

Desde o seu nacemento en 2022, o festival construíu desde Ourense unha identidade propia arredor dunha programación coidada e singular dentro do circuíto alternativo. OUR FEST mantén o formato dunha única xornada e un recinto cuberto, cunha programación pensada para gozar de todos os concertos e coa música no centro da experiencia.

OUR FEST é tamén unha invitación a descubrir e vivir Ourense arredor da música. Durante a fin de semana do festival, os concertos conviven coa cultura termal, o patrimonio e a gastronomía dunha cidade que forma parte inseparable da súa identidade.

Este evento conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Comparte:

Detalles

Recinto