Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“Ourense en feminino”, roteiro guiado

7 Marzo, 2025 / 11:30 - 13:00

Seguimos cós roteiros guiados pola cidade, este venres e co gaio do Día Internacional da Muller (8 de marzo) teremos unha ruta onde nos mergullaremos no contexto social, cultural e histórico de Ourense a través das mulleres que, coas súas vidas e logros, definiron o carácter e a identidade da cidade.

Visitaremos espazos vinculados ás súas historias, creando unha conexión entre o pasado e o presente.

A saída será ás 11.30h da biblioteca.

As inscricións poden facerse nos números de teléfono 988 788 385/386.

Comparte:

Detalles

Recinto