O “Pedra 2026” está ao caer

PeDra é un festival que permite pensar; sen colas nin diñeiro falso nin fotocall nin birras a 5 euros. É un festival para aprender e tecer comunidade dende os coidados.
Un festival para o SABER HERDADO, O CREATIVO E O CIENTÍFICO, ao que estades todos e todas convidados!!!!!
Neste 2026 repetimos dúas sedes clásicas (Loiro en Barbadás e a sede da Fundación Otero en Trasalba -Amoeiro-) e temos dúas novas sedes (Toén e Cea). 4 concellos e 5 xornadas de cultura na que intercalamos obradoiros, conferencias, visitas guiadas, arqueoloxía con música e teatro para baixar de revolucións o noso cerebro.
AVANCE DO PROGRAMA
28 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS)
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria (https://maps.app.goo.gl/Ze9DdVExr4x8o4PZ6)
Obradoiro: Como recuperar terras raras – Con Másque3D.
Obradoiro de theremin – Con Paulo Pascual.
Concerto comentado de theremin – Con Paulo Pascual.
Espazo de videoxogos en galego
29 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS)
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria (https://maps.app.goo.gl/Ze9DdVExr4x8o4PZ6)
Xogos populares – Xogos da Bela Auria con monitor.
Ruta micolóxica. Saída do 30 da rúa do Buleiro en Loiro – Guiada polo Carlos Rafael
Obradoiro: conseguir ouro como un romano – Con Óscar Penín
Obradoiro de Esgrima Histórica – AOEH
Concerto – Phantom Dragsters.
Concerto: DJ SaraSola
Concerto de música tradicional – Os Terribles da Cabeanca.
Concerto de música tradicional – Lubicáns.
Obradoiro de arqueoloxía experimental: facer oleiría como no castro de Trelle.
Teatro infantil – A Run Run Teatro.
Concerto: DJ Tristón
Concerto de rock – Raiba.
Concerto: DJ Dani Tamayo
12 DE SETEMBRO | TOÉN
Lugares: Carballeira de Puga (https://maps.app.goo.gl/K4TXSCDow342qSWK9?g_st=iw)
Ruta guiada “Os portos da Ribeira do Miño” – Asoc. Amigos Patrimonio de Toén.
Concerto – Columna Vegana.
Contacontos – Anxo Moure.
Obradoiro de cestería – Será por Vimbios.
13 DE SETEMBRO | CEA
Lugares: Centro Social Casa Alén de Viduedo (Cea) (https://maps.app.goo.gl/AxaJBKi3VreQA3rt5)
Ruta de sendeirismo e visitas a proxectos artesanais e culturais do Concello de Cea.
Concerto de música tradicional – Axeigo.
Entrega do Iº Premio ao Compromiso Cultural
Fiadeiro.
25 DE SETEMBRO | TRASALBA – AMOEIRO
Lugar: Fundación Otero Pedrayo (https://maps.app.goo.gl/tCQcpve9dA7wu3x28)
Xogos populares – Xogos da Bela Auria.
Contacontos – Con Uxía Morán.
