Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“Por que non cantades todas” e “Terra de pandeiretas” pecha a Primavera musical do CCPF

30 Maio, 2025 / 20:30 - 22:00

e (España, 2014-2022) Total sesión: 60 min. Cor. VOG

Venrespirar é unha festa que xorde da inquedanza dun grupo de bailadoras e bailadores por atopar un espazo onde disfrutar dun baile “rente ao chan”. Ten como eixo fundamental a divulgación, visibilización e posta en valor da música, o canto e o baile tradicionais. Tamén busca facer cidade e reivindicar o espazo público, o baile comunal, a música de tradición oral en directo. Nesta ocasión o cineclube súmase á festa coa proxección das seguintes curtametraxes:

Por que non cantades todas
Diana Toucedo (España, 2014) 30 min.

Un grupo de mulleres e homes de Zobra, Serra do Candán, (Pontevedra) convértese nunha ponte entre dúas realidades, o pasado e o presente, utilizando a música como memoria, experiencia e convivio.

Terra de pandeiretas
Laura de Diego (España, 2022) 30 min.

A riqueza da música e a tradición cultural do noroeste de España, achegada de xeración en xeración, coa muller como principal nexo.

20:30 h. (CEST) na Praza da «Estrela», Ourense

De balde
Comparte:

Detalles

Recinto

  • Praza da Estrela
  • Rúa da Estrela
    Ourense, Ourense 32005 Spain
    + Google Map