- Este evento pasou.
“Prefiro condenarme”, proxección de Cine Club Padre Feijóo
20 Xaneiro, 2025 / 20:30 - 22:00
De balde - €3

Luns de fimoteca
Margarita Ledo (España, 2024) 87 min. Cor/B&N RA 1,85:1 [+12] VOG
TRAILER: https://youtu.be/9BE5nCnNmdA
A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, atravesada pola ditadura e a transición, enfróntanos a unha nai díscola, unha esfera familiar en perpetuo desacougo e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, a causa da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á par que o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
