Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Presentación de “As Jermaine” na librería Eixo

13 Novembro, 2024 / 19:30 - 20:30

Primeira incursión de María Alonso Seisdedos no mundo da novela:»AS JERMAINE», editada por Galaxia.

Unha historia na que o clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que manexa quen sabe se o demo ou a xenética, e abocados a precipitarse no nada que é o futuro. A illa de Aruba, Rotterdam e Galicia son os escenarios sobre os que van pairando toeiros de misterios en que se contén o verde dun mar avolto herdado e que cando rebentan só dispersan tebras e máis tebras.

Detalles

Data:
13 Novembro, 2024
Hora:
19:30 - 20:30
Categoría dos Evento:
,
Páxina web:
https://libreriaeixo.com/event/presentacion-de-as-jermaine-de-maria-alonso-seisdedos/

Recinto

Librería Eixo
Rúa Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 Spain
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto