
- Este evento pasou.
Presentación de “Cadernos de desmemoria”, de Manuel Teira
30 Xaneiro / 19:30 - 20:30

Ata a nosa librería achegarase o creador e artista MANUEL TEIRA para presentarnos o seu recente poemario CADERNOS DE DESMEMORIA que, editado por Medulia, contén 50 poemas «tallados nunha rica e complexa linguaxe, entre culta e popular, nos que sobrancean temas como a rememoración e a nostalxia, o desarraigamento, a perda, a busca do eu, o labirinto, todo tinguido de certo malditismo vital e inserido nunha estrutura complexa. O seu estilo é quer simbólico, quer referencial mais profundamente elexíaco, cargado dunha ferinte melancolía, que utiliza para reflexionar sobre a vida e a existencia. Poesía introspectiva pero vitalista, cargada de experiencias persoais, discursivamente complexa e brillante, densa e mesmo hermética, feita de imaxes fragmentadas e inestábeis, e comprometida coa liberdade e a resistencia persoal e intelectual. Pese á súa crueza poética, mantén un alto nivel de lirismo e beleza que busca transformar a nosa experiencia lectora”