- Este evento pasou.
Presentación de “Nove lúas”, premio Neira Vilas 2023
25 Xaneiro, 2025 / 19:30 - 20:30

A novela Nove lúas, de Lionel Rexes, PREMIO NEIRA VILAS DE NOVELA CURTA 2023, será presentada en Ourense este sábado 25 de xaneiro de 2025 as 19:30 no Liceo de Ourense, nun acto organizado por Amigos da República….
Sinopse
Un concelleiro galeguista mantén unha boa amizade cun ancián admirado pola comunidade pola súa filantropía. Funcasta, o Médico dos Pobres, vai cumprir cen anos e todos desexan contribuír á homenaxe.
A parella do político anda a pescudar a tradición oral local; en sucesivas visitas a un remoto fogar da montaña, as contas pendentes dunha guerra que semella afastada no tempo comezan a espertar o interese da investigadora. Que ocorrería se se chegase a descubrir que as maldades dun escuro personaxe do pasado puidesen manchar a quen menos se espera? Nove lúas reflicte o poder do tráfico de influencias nas institucións, os remorsos de quen o consegue todo a través das redes de corrupción e perde a cabeza ao chegar á certeza da súa inutilidade.
Esta novela retrata as actitudes humanas nesas pequenas comunidades onde semella que nunca pasa nada, e en realidade un torrente de paixóns flúe baixo un esencial condicionante: todo o mundo se coñece.
PREMIO NEIRA VILAS DE NOVELA CURTA 2023
