Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Presentación de “Orixe” na librería Eixo

14 Novembro, 2024 / 19:30 - 20:30

Presentación de «ORIXE» (Ed. Difusora), de Glorianna Ximendaz libro resultante da XI edición do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA.

‘Orixe’ é un proxecto que aborda a violencia machista exercida sobre as mulleres da familia da autora, incluindo a súa propia experiencia. Con imaxes poderosas e con exploración de memorias pasadas, este  libro que presentamos amosa o proxecto que pretende recuperar historias familiares silenzadas, desde o empoderamento, a resiliencia e a denuncia, contribuindo ao desmantelamento de  sistemas perpetuados por sociedades patriarcales.

A artista e poliactivista Glorianna Ximendaz ganou en outubro de 2023 o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na súa undécima edición grazas a este proxecto, no que pon de manifesto o grave problema de violencia de xénero e feminicidios ao que se enfrontan as mulleres de América Latina.

Comparte:

Detalles

Recinto