Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Presentación do libro “Adolfo Rodríguez Ansias, mestre republicano”

19 Febreiro / 19:30 - 21:00

Sinopse do libro:

ADOLFO RODRÍGUEZ ANSIAS (Belém-Brasil, 1908- Ourense, 1982), de família ascendente de San Cibrao das Viñas, mestre republicano e mestre da vida, membro da A.T.E.O. (Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense) foi con Manuel Luis Acuña, Luís Soto, Albino Nuñez e tantos outros compañeiros e compañeiras, participando dunha xuntanza de grande nivel intelectual e humano, unha xeración inesquecible do maxisterio ourensán. De ideoloxía radical-socialista, máis tarde socialista da tendencia de Largo Caballero, e defensor das liñas pedagóxicas da Institución Libre de Ensinanza, Adolfo exercía de mestre na escola de nenos de Bóveda (Amoeiro) cando se producíu o levantamento militar de 1936. Non se conseguíu o soñado. As ilusións foron truncadas. A rebelión franquista provocou a represión directa con asasinatos, “paseos”, amparados nalgúns casos en farsas de xuízos sumarísimos, e a política mediática do “terror”. Todo estivo xustificado para o bando sublevado, actuando con violencia para eliminar o legalmente establecido, co obxectivo de acadar un proxecto político de ideoloxía fascista. Neste ambiente de medo e terror van transcorrer case tres décadas da súa vida: 29 anos oculto baixo a lousa do franquismo.

O autor – Xoán C. Chillón Iglesias (Ourense, 1955) e as súas motivaciones pra escribir o libro: “Coñecín a Adolfo naquela praza. A Praza de San Cosme e a súa contorna foron os espazos máis identificativos dos meus primeiros anos de vida naquelas décadas ourensás dos 50 e 60 do pasado século. Naquel espazo de convivencia comezou o meu afecto e recoñecemento por Adolfo, simpatía e respecto, conversa exemplo de ponderación e sabedoría, así como de perseverancia e afán de superación das secuelas daquel derrame e parálise lateral que lle acompañaba, posterior fractura de cadeira, con aqueles paseos co bastón, a vontade dos exercicios de motricidade cunha bola na man e brazo afectados.

      O meu destino profesional, despois vital, familiar, matria de adopción, en Coiro, Cangas, O Morrazo, volveu a evocar todo o acontecido a Adolfo durante case tres décadas. Dos arredor de 100 mestres asasinados en Galiza nos anos 1936-37, figuran os dous mestres que daquelas impartían ensinanza na parroquia de Coiro. Víctor Sánchez Mártil (Escola do Pósito) e Vicente Sáez Ruíz (Escola de Nenos) eran fusilados respectivamente o 24 setembro e 4 decembro daquel outono fatídico de 1936, dúas estampas máis da “Galiza mártir” de Castelao. Este vínculo, as dúas miñas matrias de nacemento e adopción, xiraba arredor da escola como instrumento transformador da sociedade, de ilusión e represión” ( Chillón, 2025).

Detalles

Data:
19 Febreiro
Hora:
19:30 - 21:00
Categoría dos Evento:
, ,
Páxina web:
https://www.facebook.com/Amigasdarepublica/

Recinto

Liceo Recreo Ourensano
Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5
Ourense, Ourense 32005 Spain
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto