Raiña Lupa no Festilonia
21 Xullo / 22:00 - 23:30

Lore e Pablo, o motor de The Tetas’ Van, fartas de facer versións, deciden facer ruido, destrozar tímpanos, berrar pola revolución e oubear á lúa.
Deciden poñerse na parte de adiante do escenario vendo que o aplauso, a fama e a calor do público chega mellor.
O ruido é o mesmo pero poden berrar a gusto contra a opresión, o capitalismo, a ultradereita, o sexismo, o racismo, e experimentar con sons heterodoxos. Raíña Lupa porque con vontade, coñecemento e enerxía comezamos esta nova revolución
