Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“Reconversión”, musical no Principal

27 Marzo, 2025 / 20:00 - 21:30
€12 - €20

RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica ao redor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo.

A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a postguerra ata o “Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.

Comparte:

Detalles

  • Data: 27 Marzo, 2025
  • Hora:
    20:00 - 21:30
  • Custe: €12 - €20
  • Categoría do Evento:

Recinto