- Este evento pasou.
Jeff Spinoza e Ramón Arroyo no Liceo
29 Maio / 20:00 - 21:30
€8

Un duo cuxo repertorio está influenciado polo que hoxe en día se denomina xenericamente ”Americana”, é dicir, música estadounidense con raíces, que abarca desde o blues rural, o bluegrass de influencia irlandesa, o folk, o country , o swing e demais estilos de cuxa fusión naceu a música popular que máis se escoita hoxe en día. Desde versións de Bob Dylan ou B.B. King a temas propios, Jeff e Ramón levan tocando xuntos máis de trinta anos, desde que se coñeceron. Este verán tiveron a honra de abrir o concerto de Jackson Browne en Madrid.
Jeff Espinoza , cantante, compositor e guitarrista natural dos Angeles -California, vive en España, onde levou a cabo a maioría dos seus proxectos musicais, moitos en colaboración con Ramón Arroyo, como “Flying Gallardos” ou o seu recente disco “Gypsy Runner”, así como con “Rede House” xunto ao guitarrista Francisco Simón con sete discos gravados e colaboracións da talla de Lou Marini (Blues Brothers, Aretha Franklin, James Taylor..), Chis Rea, Fraco Jimenez (Ry Cooder, Bob Dylan), Steve Cropper (Blues Brothers, Otis Redding..), Gene Taylor (Canned Heat, The Blasters ..) e un longo etcétera.
Ramón Arroyo, multi-instrumentista de San Sebastián, membro do grupo “Los Secretos” desde 1986, gravou en infinidade de proxectos, desde composición de bandas sonoras a colaboracións en máis de cincuenta discos, con Miguel Ríos, Joaquín Sabina, Alejo Stivel, Manolo Tena, Sorderita, Burning, por citar unhas poucas. Tamén tocou en directo con Amaral, Lou Marini, Noel Redding (Jimi Hendrix), Stephen Bruton (Bonnie Raitt, Kris Kristofferson), Blues Brothers, Fito Cabrales, Manolo García, Sabina, María de Medeiros, Ariel Roth…
