Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ruarada en Laza

24 Maio, 2025 / 18:00 - 23:00

“Anacos de Dorothé”, un coloquio con Lucía Cedrón sobre a pegada fonda e transformadora de Dorothé Schubarth, musicóloga e compositora suíza que dedicou a súa vida a conservar o noso folclore musical.

Chegou a Galicia no 1978 e, durante cinco anos, percorreu aldeas, aprendeu a nosa lingua, escoitou, recolleu e clasificou máis de 1800 melodías tradicionais . Coa axuda de Antón Santamarina, creou o Cancioneiro Popular Galego, a maior achega que se fixo nunca para a conservación do noso patrimonio musical.

Dorothé non só preservou o son dun país: recoñeceu o papel invisibilizado das mulleres, nomeou ás informantes, puxo voz ao que o patriarcado tiña silenciado.

Un acto para lembrar , escoitar  e agradecer  ás mulleres  que fixeron da música unha forma de resiste

Comparte:

Detalles

  • Data: 24 Maio, 2025
  • Hora:
    18:00 - 23:00
  • Categoría dos Evento: ,

Recinto