
- Este evento pasou.
“Suzhou river”, no CCPF
7 Abril / 20:30 - 22:00
Free - €3
Suzhou river
苏州河 / Suzhou he
Lou Ye (China, 2000) 70 min. Cor. RA 1,85:1 /4K/ VOSE
https://www.youtube.com/watch?v=7g6nHz4w4o8
En Shanghái, á beira do caótico río Suzhou, Mardar viaxa por toda a cidade repartindo paquetes na súa motocicleta. Durante un dos seus encargos, coñece a Moudan e ambos namoran perigosamente. Pero en realidade, Mardar foi contratado para secuestrala e chantaxear a seu pai. Ao descubrir a traizón, Moudan vénse abaixo. Despois de pasar tres anos en prisión, Mardar regresa ao río Suzhou na procura da súa amada. É así como coñece a Meimei, unha bailarina que se parece, como dúas pingas de auga, a Moudan.
A restauración en 4K desta obra de culto do cinema chinés contemporáneo reivindica definitivamente ao cineasta Lou Ye, a miúdo censurado polo réxime do seu país, como un dos grandes talentos da súa xeración.
Premio
2000: Roterdam; Tiger Award)
2000: Vienale; Premio FIPRESCI
“Un grande exercicio de estilo cinematográfico, que fai referenza a unha variedade de películas e cineastas, pero que é ante todo vivo e dinámico” (Kenneth Touran, Los Angeles Times)