
- Este evento pasou.
“The Andromeda Strain”, no Cine Club Padre Feijóo
26 Novembro, 2024 / 19:30 - 21:30
€5
The Andromeda Strain
A ameaza de Andromeda
Robert Wise (EUA, 1971) 130 min. Cor. RA 2.39:1 – [A] VOSE
https://www.youtube.com/watch?v=ozBt4CnN74g
Despois de que un satélite artificial estrélase nunha remota aldea de Novo México, o equipo encargado de recuperalo descobre que case todos os habitantes do lugar pereceron vítimas dunha horrible morte, coa misteriosa excepción dun neno e un vello. Os superviventes son trasladados a un laboratorio de avanzadísima tecnoloxía situado a unha profundidade de cinco pisos baixo terra, onde os perplexos científicos tratan de determinar a natureza do mortífero microbio antes de que cause estragos en todo o mundo.
Interesante entrega catastrofista, baseada na novela homónima escrita por Michael Crichton. Virus galácticos servidos con intelixencia para un clásico da ciencia-ficción moderna. Merece a pena (Fernando Morales, El País)
Ciclo do Colexio de Médicos