Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“The kid”, de Charles Chaplin no CCPF

15 Marzo / 18:00 - 19:30

Free - €3

O moxo, The kid

Charles Chaplin (EUA, 1921) 65 min. B&N RA 1,37:1 [A] VOSE

Edna é unha muller moi pobre que se ve na necesidade de abandonar o seu fillo nun coche diante da casa duns millonarios. Por unha serie de circunstancias o rapaz acaba ao coidado do vagabundo Charlot, que constrúe un fogar para el, e sobrevive recorrendo á picaresca. Cinco anos despois, e con súa nai convertida nunha popular actriz, o destino intentará separalos…

Primeira longametraxe de Charles Chaplin, está considerada como unha das máis emotivas sobre a infancia…Combinación maxistral de comedia e drama cunha alta dose de crítica social, conta con moitos elementos autobiográficos do director que fan desta película un dos seus traballos máis persoais. No ano 1971 Chaplin compuxo a música para a película, que se rodara muda. (CGAI)

Detalles

Data:
15 Marzo
Hora:
18:00 - 19:30
Custe:
Free - €3
Categoría dos Evento:
,
Páxina web:
https://www.filmaffinity.com/es/film257753.html

Recinto

Casa da Cultura, salón de actos
Rúa Concello, 11
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto