- Este evento pasou.
“Todas as crianças foram antes adultas”, novela de João Lousada

João Lousada (Juan Antonio Álvarez Losada) nado en Ourense, é licenciado en ADE e graduado en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Na actualidade traballa como funcionario da Seguridade Social na súa cidade natal. Todas as crianças foram antes adultos (mas poucas se lembram) trátase da primeira novela que publica, mais ten escrito algúns relatos e unha obra de teatro, premiados anteriormente. A súa familia ten estado sempre moi ligada ao Ateneo de Ourense, especialmente o seu pai, Juan Antonio, que xogou moitos anos no equipo de xadrez, e o seu irmán José Manuel, que é violinista.
Roberto Fernández Álvarez, tamén ourensán, é médico en Allariz, investigador e escritor. Nesta última faceta, alén de ter publicado varios artigos e relatos, gañou o XXI Premio Vicente Risco, cun ensaio titulado Enfermos pobres, médicos tristes, e, no ano 2023 foi galardoado co XLI Premio de Novela Eduardo Blanco Amor, pola sua obra A inmoral doutora Cons.
