Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“Twin Peaks. Fire walk with me”, en memoria de David Lynch

6 Abril, 2025 / 18:00 - 20:00

Twin Peaks. Fire walk with me – Twin Peaks. Fogo camiña comigo

David Lynch (EUA, 1992) 135 min. Cor. RA 2,35:1 [+18] VOSE

https://www.youtube.com/watch?v=vg2kx4Jybp0

Precuela da famosa serie televisiva ‘Twin Peaks’ na que percorremos os derradeiros sete días de Laura Palmer. Durante o día, Laura é unha popular estudante modelo no instituto. Pola noite afoga entre drogas e sexo até a adición. A súa carreira cara á autodestrución vén provocada polos continuos abusos do malvado ente coñecido como Bob, que habita os bosques de Twin Peaks desde tempos inmemoriais. Pero nun ataque de lucidez, Laura decátase de que está conducindo a súa única amiga Donna polo mesmo tráxico sendeiro…

Nos seus mellores momentos, é un soño dentro dun soño, un pesadelo reflectido en espellos infinitos, unha pantalla chea de sexo televisivo e horror kitsch estoupándonos na cara” (Michael Wilmington, Los Angeles Times)

Comparte:

Detalles

Recinto