Un conto por Palestina, na Nós
12 Setembro / 12:00 - 13:30

«Piratas da alegría», un proxecto con alma. Un fermoso álbum ilustrado que reivindica algo tan esencial como o dereito da infancia a xogar, soñar e ser feliz, mesmo nos contextos máis difíciles. A obra, creada xunto a Leticia Jiménez e ilustrada por Susana Rosique, leva aos máis pequenos a embarcarse nunha aventura na procura dun tesouro moi especial: a alegría. Pero Piratas da alegría vai máis alá dun conto infantil. O proxecto ten tamén un importante carácter solidario, xa que os dereitos de autoría se destinan a proxectos de apoio á infancia palestina.





