- Este evento pasou.
“Una madre de pelicula”, no Principal

Eva María, ás tantas da madrugada, recibiu unha tallante mensaxe de Alejandro, o seu único e adorado fillo: debe entrar na súa habitación e buscar nun caixón pechado cun cadeado un documento que necesita con urxencia para a Universidade americana na que estuda. Urxente é “xa, agora, sen perder un instante, mamá”. Alejandro, que coñece moi ben á súa proxenitora, advírtelle de que non caia na humana (e especialmente maternal) tentación de furgar nas súas cousas aproveitando a estupenda ocasión. Eva María promete ao seu fillo cumprir a machada o seu labor, pero unha vez inmersa no encargo… Quen está libre de pecado? E é que ela, que é moi cinéfila, é consciente de que “A tentación vive arriba” ou ao fondo do caixón secreto do seu fillo. O recordo da súa vida e a visión dese provocador niño baleiro farán deslizarse a Eva María por unha emocionante e divertida espiral, transformando a súa cotiá realidade nunha auténtica aventura de película.
