Como cada ano, temos o pracer de contar cunha actividade grazas ao Consello Da Cultura Galega , coorganizada xunto á nosa Fundación. Hai un século que Vicente Risco descifrou a identidade de Galicia a través dos seus horizontes. Nesta xornada fuxiremos da nostalxia para pensar o territorio con perspectiva de futuro: analizaremos os retos demográficos, o medio natural, o urbanismo e as alternativas sostibles para o rural.
Atención: A inscrición é de balde, pero as prazas son moi limitadas (máximo 20 persoas) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non o deixes pasar!