ESCOITA O CAPÍTULO 1:
Volta Furia Feminista que é un podcast que nace en marzo de 2020 en medio da pandemia mundial. Iniciamos a fase de desonfinamento e quixemos falar de como vivimos estes meses as mulleres. Que fixemos, que sentimos, que pensamos e que padecemos num estado de alarma que trouxo precariedade, incerteza e unhas rúas tomadas polo exército. Da Galiza para a Galiza e para o mundo. Camiñamos da man de Radio Liverdade e da Marcha Mundial das Mulleres como máis unha ferramenta para a reflexión e a acción feminista.
E sobre o confinamento coñecemos relatos dende o rural e a cidade, con compañeiras con traballos esenciais que non pararon e outras que pasaron os dous meses na casa, falannos de lecturas, de sentires, de medos, de incertezas e de como transcurriu o día a día.
A historia feminista e a música fusiónanse neste Capítulo 1 que nos leva até o Brasil para descubrir á súa raíña do rock e unha referente na xenealoxía do feminismo carioca, Patrícia Rehder Galvão, coñecida como Pagú. Finalmente reflexionamos cos nosos aliados feministas en torno das tarefas domésticas que tanto deron que falar no confinamento. Convidámoste a escoitalo e a facer parte desta aventura!
O Capítulo 1 titúlase “Quen é Angela Davis?” porque tamén queremos coñecer diferentes referentes da loita feminista que nos inspiran e interpelan para a reflexión e a acción. Coñécela? podes enviarnos un audio sobre algunha lectura ou reflexión de Ángela Davis que te insirase a furiafeministagz@gmail.com (tenta que non dure máis de 1:30minutos!).
Coa sintonía de Readmirando a condición de Sés como banda sonora, xa estamos aqui… que comece o matriarcado!
Neste Capítulo 1 de Furia Feminista soaron:
ESCOITA O CAPÍTULO 1: