Neste momento estás a ver CARTELEIRA DE CINES 070225

CARTELEIRA DE CINES 070225

  • Categoría da entrada:Cine
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Ir a descargar

Manuel Precedo comenta a programación dos Cine Clubs e das salas comerciais de Ourense. Un espazo que se emite cada venres nas Noticias de Ourense, de Radio Nacional de España en Ourense ás 08:45, e QUE permanece tódala semana na portada de Radio Liverdade.

Abrimos a portada das suxestións e advertenzas cinéfilas, cunha mensaxe importante…ti podes ser mellor en todos os sentidos…

Trailer LA SUSTANCIA

> No Cineclube Carballiño, ás 20 e 22:30 h, no Auditorio Manuel María do Carballiño

A substanciaThe Substance” Coralie Fargeat (Reino Unido, 2024) 140 min.

Ti, pero mellor en todos os sentidos’. Esta é a promesa, un produto revolucionario baseado na división celular, que crea un alter ego máis novo, máis belo, máis perfecto. Tentada pola oportunidade Elisabeth Sparkle, unha celebridade en decadencia, consome este soro do mercado negro creando unha versión rexuvenecida de si mesma, Sue, con efectos tan inesperados como aterradores. 

Premios

2024: Festival de Cannes; Mellor guión

2024: Globos de Ouro: Mellor actriz (Demi Moore)

2024: Premios do Cine europeo: Mellor fotografía

Unha fantasía carnal e brutal libre de prexuízos. (…) Brutal, indecente, impúdica, salvaxe, sen control e, o que conta ao fin, irrenunciable” (Luis Martínez, El Mundo) 

> No cine comercial

Trailer FINNICK

Finnick, un monstro en cada casa Denis Chernov (Rusia, 2022) 85 min.

Non moita xente sabe que nas casas, hai Finns, criaturas peludas que velan polo fogar. Finnick é un mozo Finn que, en lugar de coidar a casa, pasa o seu tempo gastando bromas aos habitantes. Isto fai que ningunha familia queira quedar no seu fogar por moito tempo.

María Callas Pablo Larraín (Italia, 2024) 123 min.

A tumultuosa, bela e tráxica historia da vida da cantante de ópera máis importante do mundo, revivida e reimaginada durante os seus últimos días no París dos anos setenta.

Trailer MARIA CALLAS

“Mi vida es la ópera, no existe la razón en la ópera” + música]

> No cine de Leiro; A acompañante (Companion) de Drew Hancock … A morte dun multimillonario desencadea unha serie de acontecementos para Iris e os seus amigos durante unha viaxe de fin de semana.

Trailer GUARDIANES DE LA ÓPERA

> No Barco de Valdeorras; Gardiáns da Ópera (Velikolepnaya Pyaterka) de Vasily Rovensky… A Ópera Metropolitana de Nova York, un lugar lendario e de renome, e Carmen, a obra de ballet máis famosa do mundo, son os escenarios desta aventura na que Samson, líder dun grupo de cans rueiros, salvará unha mítica obra.

> Tamén o Polican no Cine de Xinto de Limia…Adaptación do fenómeno literario infantil de Dav Pilkey. Un fiel can policía e o seu axente humano sofren graves feridas mentres cumpren co seu deber, e só pódeselles salvar mediante unha operación desatinada na que ambos se fusionan nun, converténdose en Policán.

A PRÓXIMA SEMANA

> O próximo luns ás 20:30 h, na Casa da cultura de Ourense, o Cineclube Padre Feijoo estrea coa presenza da propia directora, Zeltia Piñeiro…

Trailer FILMEI PAXAROS VOANDO

Filmei paxaros voando Zeltia Outeiriño · (España, 2024) 100 min. Cor. AR: 1,85:1 [+7] VOG

Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar. Na súa procura de respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Con todo, é coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora.

Un documental do íntimo que tenta refuxir o risco de resultar impúdico…e que pode obrigarnos a pensar nas relacións familiares ou de calquera tipo que vivimos” (Ignasi Franch, cineconn.es)

Canción DREAMING-BLONDIE

O mércores, nas habituais sesións das 18 e 21 horas,  sesión sopresa unicamente para socios/as (de balde)

Só podo dicir que o filme sorpresa é unha actualización moderna de “Pretty Woman” e o director é cineclubista e que se obsesionou co cine grazas a que a súa nai lle levaba filmes a casa que collía na biblioteca. O estilo do director é habitualmente retratar a marxinados en escenarios decididamente humanos e compasivos (Podemos comparalo a Ken Loach, Mike Leigh, Jim Jarmusch e John Cassavetes, entre outros). No 2015 fixo un filme con tan só 3 móbiles, unha bicicleta e un pao telescópico dos que se utilizan para pintar os teitos. Ese filme o pasou ao ar libre o cineclube na praza san Marcial (2022), cando existían aqueles “Venareartes” no verán da cidade.

O mércores  ás 17 e 20 h, o cineclube Groucho Marx proxecta no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras:

La guitarra flamanca de Yerai Cortés C. Tangana (España, 2024) 91 min.

Trailer LA GUITARRA FLAMENCA DE YERAI CORTÉS

Cando Antón Álvarez, C.Tangana, coñece a Yerai Cortés queda completamente fascinado co seu talento e intrigado pola súa historia familiar. Yerai é unha figura inusual dentro do flamenco; tan respectado polos xitanos máis tradicionalistas como polos artistas vangardistas da nova onda da que el forma parte. Deciden emprender unha viaxe xuntos para gravar un disco.

É un documental vivo, que atende un cromático costumismo por fóra e un caudaloso sentimento interior de Yerai e os seus próximos” (Oti Rodríguez Marchante, ABC) 

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.