Non é unha toupeira calquera.

A nosa toupeira, esta desde a que che falamos, que non é unha toupeira calquera, é unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables, moitos cables. Instrumentos colocados conforme e debido esperando a ser tocados. Cociña de leña con pota a ferver. E a nosa terraza, é o monte son os campos, as montañas pequenas e grandes con esa banda sonora que non deixa de soar.