Espazos que suman episodios con certa regularidade
Hoxe Día Internacional da Muller, escoitamos as voces fortes e valentes das mulleres. Entrevistamos a unha desas mulleres, feminista en tódolos ámbitos da súa vida, de Ourense, poeta, profesora e futura académica da Real Academia Galega, a escritora Chus Pato. Da loita feminista na Galiza e tamén en Ourense e das accións e reivindicacións deste 8 de marzo, conversamos con Lucía e Ximena, integrantes da Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres.
Que consecuencias teremos ante a inminente ratificación do CETA? Para sabelo entrevistamos a Ángeles Faraldo da plataforma Ourense di NON ao TTIP e conversamos con Daniel Rodicio, do Sindicato Labrego e Manuel Antonio Dorrío de Amigos da Terra.
1928: Masacre de las bananeras
1928: Masacre das bananeras ¿Como a United Fruit Company - actual Chiquita - estableceu o seu imperio bananero no Caribe? Volveremos sobre a traxedia que…
Tres instantes imbricados en tres miradas para varias interpretacións da complexa Latinoamérica cuxo brillo reloce en Galicia a través de RadioLiverdade. Subscríbete a Caleidoscopio Caleidoscopio…
Soa o Silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas. (máis…)