SoS #5 Vivindo o rural

  • Categoría da entrada:Soa o Silencio

Desprazámonos ata a marabillosa taberna A Arca da Noe para gravar o quinto capítulo do noso programa Soa o Silencio. En 'Vivindo o rual' quixemos afondar nisto, no que supón vivir e traballar no rural, nas nosas aldeas practicamente abandonadas. E para iso contamos con xente que pode falar por propia experiencia.

Continuar lendoSoS #5 Vivindo o rural

SoS #4 Falemos do suicidio, a morte silenciada

  • Categoría da entrada:Soa o Silencio

En Galicia, cada día unha persoa acaba coa súa propia vida. Os datos son preocupantes, os últimos que recolle o Instituto de Medicina Legal de Galicia, o IMELGA, din que en 2015 suicidáronse 324 persoas, e entre o 2010 e o 2015, un total de 2070 persoas quitáronse a vida en Galicia. O noso país ten así, con esas cifras, unha das taxas de suicidio máis elevadas con respecto ao conxunto do estado español e é a primeira causa de morte violenta, non natural. Triplica as mortes en accidentes de tráfico. Para axudar a compreder por que unha persoa decide acabar coa súa propia vida, pensamos que hai que falar do suicidio.

Continuar lendoSoS #4 Falemos do suicidio, a morte silenciada

SoS #2 8M As mulleres paramos o mundo

  • Categoría da entrada:Soa o Silencio

Hoxe Día Internacional da Muller, escoitamos as voces fortes e valentes das mulleres. Entrevistamos a unha desas mulleres, feminista en tódolos ámbitos da súa vida, de Ourense, poeta, profesora e futura académica da Real Academia Galega, a escritora Chus Pato. Da loita feminista na Galiza e tamén en Ourense e das accións e reivindicacións deste 8 de marzo, conversamos con Lucía e Ximena, integrantes da Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres.

Continuar lendoSoS #2 8M As mulleres paramos o mundo

Soa o Silencio

  • Categoría da entrada:Soa o Silencio

Soa o Silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas. (máis…)

Continuar lendoSoa o Silencio