No 24 de marzo, aniversario do golpe de Estado militar de 1976 na Arxentina, Chamullando tango fai memoria daqueles días e dos que viñeron despoís. Ricardo Coronel, que viviu en primeira persoa as consecuencias do golpe, comenta, con tangos e cancións, como cambiou a vida das xentes, a resistencia e as vítimas. Unha homenaxe e un exercicio de memoria histórica moi acaído nunha actualidade na que as dictaduras volven asomar as botas que aplastan ó pobo.
