Neste momento estás a ver Chamuyando tango, 100626, Rubén Juárez.

Chamuyando tango, 100626, Rubén Juárez.

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

Rubén Juárez, cantor, bandoneonista e compositor, recoñecido como unha das figuras máis renovadoras e emblemáticas do tango na última metade do século XX. Destacou pola súa particular capacidade de cantar ó tempo que tocaba o bandoneón de pé, rompendo coa postura tradicional de facelo sentado. Ricardo Coronel revisa a traxectoria de Juárez a través da súa biografía, formacións que liderou e de pezas como Fangal, Mala entraña, Pobre gallo bataraz, Tembralndo ou Tormenta. Emociónase Ricardo recordando as tardes que pasou coa súa familia animando ó Racing na cancha de Avellaneda, paixón común que inspirou a Juárez o tango Se juega.

Neste episodio rendemos homenaxe a Carlos Alberto “Indio” Solari, músico, compositor e cantante, recoñecido internacionalmente como líder e vocalista da mítica banda de rock Patricio Rey y sus Redonditos de Ricota, falecido a principios do mes de xuño. Evoca Ricardo Coronel os seus multitudinarios concertos, que case sempre remataban a trompadas coa policía, como o celebrado no Estadio Único de La Plata, en 2008, do que procede a grabación de Un ángel para tu soledad.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.