Neste momento estás a ver Chamuyando tango, 150626, cambio de século

Chamuyando tango, 150626, cambio de século

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

O tango cambiou do século XX ó XXI en plena vixencia transformadora, sen perder esencia, e incorporando novas influencias na interpretación, na música, nas letras, mesmo nos instrumentos, e na orixinalidade de formación emerxentes. Novas xeracións de músicos, cantores e bailaríns aportan aspectos como a electrónica ou o tango queer, e tamén a reinterpretación dos clásicos asegurando o futuro do xénero. Neste episodio dedicado a época de transición escoitamos a Cristobal Repetto, Cuarteto Ricacosa, Bajofondo, Gotan Projet, Ligia Pro, Cucuza y Mateo Castiello, Lautaro Mazza & Óscar de Elía, La Chicana, que ilsutra a portada, e Chamuyo Tango, unha das formacións de Ricardo Coronel, que comenta os distintos protagonistas e canta Pedacito de cielo.

Neste 15 de xuño lembramos o bombardeo da Praza de maio en 1955, no que foron masacrados centos de cidadáns, que forzou o exilio de Juán Domingo Perón e trouxo unha nova dictadura militar á Arxentina.

Comparte:

Esta entrada ten un comentario

  1. Hernán

    Me encanta esta serie.
    La voz, la historia y la magia del tango que se respira en cada nota.
    Gracias por compartir la cultura rioplatense con el mundo.

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.