Neste momento estás a ver Chamuyando tango, 260526

Chamuyando tango, 260526

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

Orixinalmente a interpretación en público do tango era únicamente instrumental, ata a incorporación ás formacións do “estribillista”, heróico solista de voz que cantaba o estribillo tratando de facerse escoitar sobre o volume dos instrumentos da orquestra e o balbordo dos espectadores en locais ruidosos. Xurdiu logo a figura do “cantor nacional”, con máis intervención e respecto, que deviría no protagonismo acadado polo “cantor de orquestra”. Estas figuras, e a da muller como intérprete das letras, conforman a evolución do cantor de tango que Ricardo Coronel revisa neste novo episodio de Chamuyando. Escoitamos “Milonga del 900”, “El penado 14”, “Vieja luna”, “Puente Alsina”, “No aflojés” e, no aniversario da independencia da República, o himno da Arxentina interpretado por Mercedes Sosa.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.