Neste momento estás a ver Chamuyando tango, Ada Falcón

Chamuyando tango, Ada Falcón

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

Ada Falcón foi unha das cantantes de tango máis importantes e enigmáticas de Arxentina. Comezou a cantar profesionalmente con apenas 5 anos, e aos 14 anos xa debutou no cinema mudo. A súa época dourada estendeuse entre as décadas de 1920 e 1930. O cumio do seu éxito chegou a partir de 1929 co director de orquestra Francisco Canaro. Xuntos gravaron máis de 180 temas e mantiveron unha intensa e tormentosa relación sentimental en segredo, xa que el estaba casado. No ano 1942, en pleno auxe do seu éxito e tras romper definitivamente con Canaro, Ada Falcón tomou a drástica decisión de abandonalo todo e rematar os seus anos como monxa. Neste episodio de Chamuyando tango Ricardo Coronel repasa a traxectoria de Ada Falcón e presenta seis das súas máis célebres cancións.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.