Con 60 años cumpridos dende o seu nacemento, da man do “viejo Tata Cedrón”, que suma 83, o Cuarteto Cedrón, que evolucionou de terceto a quinteto, acumula máis de 200 composicións que marcan a recente historia da música popular da Arxentina. Tangos, milongas, candombes, valses e cancións campeiras serviron tamén para musicar grandes poetas como Raúl González Tuñón, Julio Cortázar. César Vallejo ou Pablo Neruda. Chamuyando tango dedica este programa especial ó Cuarteto Cedrón. Escoitaremos primeiro: La calle del agujero en la media; la Polca de la tarjeta de cartón, Román, Milonga de la ganzúa e Canción del prestidigitador, todas elixidas por Ricardo Coronel do albúm dedicado a Tuñón. Nunha segunda parte oiremos Candombe para el que hasta ayer reía; Canción del niño y el caracol; El sueño del niño negro; Canción del niño y el gorrioncito; Cambios e Glorias.
