Neste momento estás a ver Chamuyando tango, Elba Berón

Chamuyando tango, Elba Berón

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

Elba Berón, destacada cantante arxentina de tango e música criolla, recoñecida pola súa voz moi afinada, o seu temperamento e un fraseo único e picaresco, “reo”. Naceu en 1930 en Zárate, provincia de Buenos Aires, no seo dunha coñecida familia de artistas; filla do guitarrista Adolfo Manuel Berón e irmá dos tamén músicos José, Raúl, Adolfo e Rosita Berón, cos que formou, ainda nena, o seu primeiro grupo artístico. Con Aníbal Troilo, entre 1961 e 1963, foi a primeira muller en integrar de maneira estable a orquestra de “Pichuco”, deixando grabacións emblemáticas como Coplas, Desencuentro, A mí qué e Cachirliando, que escoitamos neste episodio de Chamuyando tango comentadas por Ricardo Coronel.

Comparte:

Deixa unha resposta