Neste momento estás a ver Chamuyando tango, Juán de Dios Filiberto

Chamuyando tango, Juán de Dios Filiberto

Juan de Dios Filiberto, compositor e célebre músico arxentino, foi importante na consolidación do tango como xénero e autor de temas clásicos como Caminito, Queixas de bandoneón ou Malevaje. De orixe xenovesa, naceu en 1885 no barrio bonaerense de La Boca. Mal estudante e rebelde, abandonou a escola con 9 anos e traballou dende neno en diversos oficios. De estibador no porto, ingresa no sindicato anarquista e participa en duras folgas. Descubre a música laburando no Teatro Colón e ingresa no Conservatorio ós 24 anos. Empeza a compoñer e funda a Orquestra Porteña, onde innovou na instrumentación empregada. En 1933, aparece en ¡Tango!, a primeira película sonora arxentina. Estivo á fronte da Orquestra Popular Municipal de Arte Folklórico, da Municipalidade de Buenos Aires, ata a súa morte en 1964. Filiberto foi un gran defensor dos dereitos intelectuais dos músicos. Ricardo Coronel viaxa pola biografía de Filiberto e canta Malevaje.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.