Lágrima Ríos, nada en 1924 nunha familia moi pobre en Durazno, Uruguai, de avoa escrava fuxida do Brasil, destacou nos cantos do candombe, aportación á música uruguaia das raíces africanas que tiña a que tamén foi chamada «a perla negra do tango”. Lida Melba Benavídez Tabárez, debutou como cantante ós 18 anos, e chegou ós 82, sobre os escenarios; representa a máis nobre esencia do canto mestizo e negro. A súa voz era potente, porque, coma ela dicía, “os negros temos as cordas vogais unha pinta máis grosas que os brancos”. Neste episodio de Chamuyando tango, Ricardo Coronel viaxa pola historia de Lágrima Ríos e da paso a oito cancións que amosan a forza da Negra.
