Chamuyando tango aborda ós innovadores do tango. Dende “Bajo Fondo”, agrupación musical de tango electrónico formada por músicos arxentinos e uruguayos de amplas influencias, ata o gran “Astor Piazzolla”, rompedor de estereotipos e mesmo cuestionado polos inmobilistas. Escoitemos a “Cristobal Repeto”, que sintetiza o “criollo” co urbano; “La Chicana”, con voz de muller, que retoma ritmos e letras primitivas para tráelas ó século XXI, e “Franco Luciani”, que usa a harmónica como instrumento solista. Ricardo Coronel conta a innovación no tango e canta en lunfardo “Corrientes y Esmeralda”.
