Óscar Marcelo Alemán, nado a principios do século vinte, compositor, instrumentista, cantante e performer arxentino, está considerado un dos máis grandes guitarristas da historia do jazz. Fillo dunha pianista indíxena, e dun músico uruguaio, foi un de sete irmáns, cos que integrou a súa primeira formación musical. Seguiu como solista de guitarra, en dúos e acompañando a glorias como Gardel ou Discépolo. En 1929 viaxa a Europa onde forma parte da orquestra da bailarina Joséphine Baker. Permanece en París ata a invasión nazi en 1940, cando regresa á Arxentina. A docencia, a colaboración con outros músicos como Duke Ellington e diversas grabacións culminan a carreira de Óscar Alemán que revisa Ricardo Coronel neste novo episodio de Chamuyando tango.

Me encantó Ricardo, es un placer rscucharte.
Gracias a ti a a Radio Libertade!