Tita Merello, nada en 1904, actriz, cantante de tango e milonga e presentadora da televisión arxentina tivo unha infancia pobre e chea de penurias. Traballou dende nena no que puido ata que polo 1910 chega ós teatros e ás salas de espectáculos con actuacións na Bataclán e na Maipo. Foi das primeiras mulleres que cantaron tango e logrou rápidamente gran popularidade entre a clase traballadora á que se honraba en pertencer. Empezou no cine na etapa muda e participou na primera película sonora argentina, “Tango”, á que seguiron outras moitas con interpretacións dramáticas de gran calidade. Exiliouse a México na etapa peronista, e retornou nos anos sesenta retomando con éxito a súa carreira. Ainda xa retirada conservou o aprecio popular, que se manifestou públicamente cando faleceu ós 98 anos de idade en 2022.
