Nun baixo da rúa de Colón funciona hai poucos meses a escola de corte e confección de Raimundo Valencia onde é posible aprender dende cero para crear unha prenda de roupa ou iniciarse nas técnicas e na arte da costura. Tamén é o atelier ou obradoiro do modisto Rai, onde deseña e cose a medida para clientes individuais ou en pequenas series para encargos semi industriais. Da actividade no local tes información completa na súa web https://www.raimundovalencia.com/ e no seu Instagram https://www.instagram.com/raimundovalencia/. Con Raimundo, que está cheo de entusiasmo e proxectos, falamos, empezando por preguntarlle como é que chegou á rúa Colón dende a súa Murcia natal.
