
Cando está rematando o verán falamos da invasión turística que está a padecer Galicia, e tamén Ourense. Visitantes en xeral ben recibidos nunha terra acolledora e polos cartiños que deixan. Críticamos ós alcumados “fodechinchos” ou “porcallás”, minoría mal educada que nin goza nin deixa gozar. Comentamos tamén o abandono das instalacións termais da cidade, a actividade dos clubs de lectura ou os problemas do viño de Ourense. Nesta tertulia participan Xosé Loís Carrión, Maite Ansias, Lalo Salcedo, Juán Villares e Alfonso Cid de Radio Liverdade.