VISIONA AQUÍ O VÍDEO DE “OURENSE TODAY”
A asociación de Amigos do cemiterio de San Francisco, creada polo alegre poeta José Ángel Valente para defender o dereito familiar a ser enterrados neste camposanto, revive coa renovación da súa xunta directiva formada por singulares personaxes da cultura ourensá e galega, todos xa falecidos e descansando na romántica necrópole. A nova etapa da asociación buscará o rexurdimento de Ourense como a “Atenas de Galicia” que foi durante a xeración Nós superando a actual etapa de “A dapenas de Galicia” peoduto da dexeneración cultural jacomista coa pasividade conformista e resignada dos ourensáns da política, da cultura e da cidadanía en xeral
