Radio Liverdade é un medio de comunicación comunitario ceibe de ataduras a persoas, grupos ou intereses; cunha organización aberta, asemblearia e autoxestionada, sen ánimo de lucro nin financiamento de institucións públicas ou privadas.
Economicamente sostense coas aportacións das persoas ou colectivos que participan na súa actividade e con doazóns de particulares que apoian a súa existencia. Os fondos logrados, con administración transparente, son empregados no aluguer da sede física de Radio Liverdade, no pagamento dos consumos dese local como auga, electricidade e fibra e na compra de material técnico e outro necesario para o traballo e difusión de Radio Liverdade.
Podes facer a túa aportación a través do portal Donorbox. Agradecemos as aportacións puntuais, e especialmente as que teñan carácter periódico mensual, que, anque sexan pequenas, nos permitirán presupostar os nosos ingresos e programar gastos.
