Neste momento estás a ver Fala a Marcha Mundial das Mulleres: Punto de Encontro Familiar de Ourense

Fala a Marcha Mundial das Mulleres: Punto de Encontro Familiar de Ourense

Por un Punto de Encontro Familiar sen violencia institucional cara ás crianzas e ás mulleres supervivintes de violencia machista

Os micros de Radio Liverdade ábrense para escoitar as demandas da Marcha Mundial das Mulleres de Ourense .

Escoitar programa:
Ir a descargar

Dez anos despois da posta en marcha de leis que hoxe seguen sendo avanzadas en materia de xénero, o sistema de apoio e protección das mulleres que sufren violencia machista en Galiza precisa dunha profunda revisión para a análise de todo o que esta fallando en materia de atención, prevención e acompañamento. A situación dos xulgados de violencia (en Ourense inexistente), das sentencias que continúan revitimizando ás mulleres ou dos mecanismos de acompañamento en todo o proceso son nestes momentos alarmante e non estan dando a resposta que as mulleres precisan.A vaga de recortes sociais favorecen ademais a mala calidade dos servizos que deben velar pola atención das mulleres. Falta personal preparado, formado e con experiencia en todos os espazos nos que se disponibilizan recursos para a atención a mulleres que sufren violencia machista. A nivel municipal, nacional e estatal as proclamas sobre a importancia da igualdade e da loita contra a violencia non se traducen en máis recursos e máis persoal cualificado, polo que o avance real das nosas reivindicacións é escaso.

En Ourense detectamos dende hai tempo que a situación no Punto de Encontro Familiar esta lesionando a dignidade de mulleres e crianzas a través da:

  • Revitimización das mulleres superviventes de violencia machista, tratando a intervención nestes casos como se se tratara simplemente de divorcios conflitivos, reproducindo e perpetuando estereotipos sobre estas mulleres e a violencia e deixando
    as crianzas en situacións de desamparo e risco.
  • Negativa dende o servizo do Punto de Encontro a coordinarse con distintas profesionais dos servizos sociais, sanitarios e educativos, que atenden as crianzas e familias que acoden ó punto de encontro, saltándose os principios rectores da Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género e os principios xerais da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: “… Os poderes públicos galegos intensificarán as accións para a cooperación e coordinación interinstitucional dos recursos e instrumentos contra a violencia de xénero, promovendo a colaboración e a participación das asociacións de mulleres, así como das entidades e organizacións da sociedade civil. Os concellos como administración máis próxima á cidadanía participarán no desenvolvemento desta lei, habilitándose por parte da administración galega os recursos necesarios para tal fin…” e obviando a obriga legal de garantir un tratamento integral da atención a mulleres que sofre violencia de xénero.
  • Dende o traslado do Punto de Encontro en 2013 ás instalacións da Casa da Xuventude, as profesionais do eido do social, levan insistindo en que non é o emprazamento axeitado, dado que é un espazo que está excesivamente exposto e que non protexe axeitadamente a confidencialidade necesaria para este tipo de servizo.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres, ante a situación que vimos detectando no Punto de Encontro Familiar de Ourense xestionado polo grupo Eulen Servicios Sociosanitarios, instamos á Consellería de Política Social a que revise como se está a levar a cabo a prestación deste servizo e a que o faga escoitando ás mulleres supervivintes de violencia machista, ás súas crianzas, víctimas tamén desa violencia e ás profesionais que traballan con elas.

Ir a descargar

Podes colaborar coa túa sinatura nesta ligazón.

Neste programa soou:  Mercedes Peón – Ben linda

Esta entrada ten 2 comentarios

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.