Un ano máis remata o veráEarte, despois de moitas actividades pechamos coa mellor festa do ano, o Festival Intercultural do Barbaña! Unha vez feitas todas as actividades dos colectivos de EsCuA, disfrazámonos e gozamos da música e da sátira, todas xuntas, na praza de San Marcial.
Nesta edición participaron:
- A fadista libertaria – Esa nena
- As Damnificadas – O hemiciclo
- As Nitroglicerinas – As rúas son nosas
- Josemanu – Eu x ti, ti x min
- Rectángulo de Amor Bizarro – Piso en Viacambre
- As Femilistas – Volve Sofía
- Xácome Valtar e as Psicópatas do Barbaña – Xacomuiñeira de Valtar
- Os Manolos – O bastón
- PPeretas – Xuntas por Xinzo
- Ukelerria – Una llave llamada libertad
- Fatty Daddy Panky – Despachito
- Os Riquilerchos – Onde van os Calis?
- The Longhands – Dale al merengue
- Nubes baixo ti – Chuvias torrenciais
- Manette – Pincho vegetal
- Ramona a dos pelos na cona – Graciñas por vir





















E fóra de concurso:
- O lago dos cínicos (corpo de baile do FIB)
- Ico – Amigues per sempre
- Ico – Ourense canibal
- Rata de 2 patas – Ourense chora




O noso xurado, Rosa, Koldo e Noe, coa colaboración do xurado popular, elexido ao azar entre o público, Ainoa e Alicia, despois de moito deliberar elexiron ás gañadoras desta edición:
- 1º Premio – Rectángulo de amor bizarro
- 2º Premio – Os Manolos
- Xurado popular – Manette (Vídeo nos vindeiros días)


E a asociación organizadora, Óscar Allos, entregou o premio Caos ao Corpo de Baile e mais ao Carlos da Bufarda, pola súa entrega durante todos os anos e porque sen elas o FIB non sería o mesmo.
Mais non todo é festa, porque para que a festa sexa completa precisámonos todas. E non estabamos todas, faltounos o Miguel. O noso compañeiro está na cadea e non pararemos de reivindicar a súa liberación até que esté de novo con nós. Miguel, queremos-te na casa!
Comunicado – Queremos-te na casa, Miguel
Querémos-te na casa, Miguel
Recentemente os movimentos sociais de Ourense vivimos outro episódio de repressom, esta vez nom se trata de multas nem de confrontos mediáticos, esta vez temos a um dos nossos na cadeia.
O Miguel está desde o domingo 16 de Junho em Soto del Real, separado da sua família, das suas vizinhas, das suas amizades e do seu povo.
É um preso independentista galego detido por orde da “Audiencia Nacional” e em prisom preventiva sem fiança junto a outros três independentistas, acusados polos médios de intoxicaçom servís ao regime como umha pessoa perigosa colaboradora de banda armada sem a mínima presunçom de inocência.
Miguel é um dos bos e generosos, um dos que aporta, dos que une, dos que suma, um dos que estaria participando e organizando atividades para o veranearte. Dos que nom se calam perante as injustiças, dos que procuram um mundo melhor.
Nestes tempos de recortes de liberdades e auge dos fascismos, desde EsCuA e o Veranearte queremos amosar o nosso apoio e solidarizar-nos co Miguel. Juntas somos imparaveis, queremos-te na casa!
