Neste momento estás a ver Fogo fixo e voador

Fogo fixo e voador

DESCARGA AQUÍ O PODCAST

Na galería Dodo Dadá presentamos un novo artefacto de Saurobuks, “Fogo fixo e voador”, de Paulo Hortak (heterónimo de Gaspar Domínguez) e Óscar Sánchez. Coa sala chea de público, entre os “Heroes do refugallo” de Manolo Figueiras, Alfonso Rodríguez falou da traxectoria do autor, comentou a obra e introduciu a lectura de poemas, que fixeron o Cristina Mariño e Paco Domínguez acompañando a Hortak, mentes Óscar Sánchez reailzaba en vivo unha acuarela que se proxectaba nunha das paredes do local

“A guerra, o ecocidio e a escravitude non conseguen desanimar a atávica celebración dos pobos, nin tampouco a nosa esperanza no triunfo da inocencia sobre o egoísmo. Alén da pirotecnia literaria, a poesía sabe inzar utopías tralo cerco do ego. Eis a tirada sen ruído do Paulo Hortak, unha escolma de versos e aforismos que abrangue 25 anos de existencia do heterónimo.”

“É fama que nos nosos días visibles exércitos impoñen leis e horrores e que entregan o humano ao castigo, á uniformidade e á vixiancia extrema. [Manda quen di fogo] É por iso que, no verdadeiro (ou mesmo no aprócrifo), iste Fogo fixo e voador desmonta, coa decencia de quen camiña por un bairro ou unha aldea, a odiosa intensidade dos piores resentimentos ou sangues.”
Amauta Castro

“O libro está ilustrado por unha selección de incríbles debuxos automáticos por parte de Óscar Sánchez (@eukeseiii) que aportan un carácter aínda máis radical a esta proposta. Óscar debuxa sen fixarse en modas ilustradoras e sen títulos ningúns pero cunha forza visual arrebatadora que acompaña aos versos e aforismos de Hortak dunha maneira tremenda e sinceiramente visceral.”
Alfonso Rodríguez

Comparte:

Esta entrada ten un comentario

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.